Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de maio, 2008

Globalizándonos

Canto máis nos queremos comunicar ou facer máis sinxelo o proceso, menos nos achegamos a esa meta. Porque imos esquecendo polo camiño a palabra .

Volver

Ás veces cústame volver. Non me apetece quedarme máis, pero tampouco ter que regresar. O meu sangue nómade turra de min con tanta forza que perdo o senso de pertenza, o senso de obriga. Acelera o meu pulso, mingua o meu apetito, perturba as miñas horas de sono imaxinando a excitación da marcha, a descuberta do camiño. A viaxe que berra LIBERDADE nas miñas veas. Sona.- Carlos Gardel, Volver (1935) ... que veinte años no es nada...

Galbana

Non me sinto con ganas de nada, serán os cambios do tempo. Só durmir, durmir moito. Creo que podería estar o día enteiro durmindo sen sentir remordementos por facelo, sen sentir necesidade de nada. Estou perdendo a miña vida entre os lenzos. Quizais veña alguén a espertarme do meu sono, que alguén o algo nos meus soños que me empuxe cara á consciencia e volva a respirar. Ou quizais sexa eu a que teña que tirarme da cama, da tiranía terrible da galbana.

O útero que comeza a madurar

Parece que por fin, polas últimas novas que recibín hoxe mesmo, o meu útero está preparado e a miña vaxina dilatándose xa o suficiente como para prever que o Código Poético vai nacer en breve (espero que antes do verán). Que todo vaia ben. Que o meu primeiro parto sirva para achegarme a mín mesma, espirme de todas as ideas preconcebidas que creei en todos estes anos. Que o primeiro parto traia luz e felicidade.

Caja de Ahorros

Vou ter que aforrar moito, moitísimo. CREO QUE ME DEIXEI ESQUECIDO O PORTÁTIL. Non o sei seguro aínda, confío en que a miña memoria me traizoe, por dios bendito, e que deixara o meu portátil na casa e non no garaxe. O malo non é a perda do portátil en si mesmo, eu que sei, non lle tiña cariño como a un fillo, pero sí ao seu contido. Espero que, no caso de deixarmo esquecido no garaxe, que os meus veciños e veciñas millonarios se apiaden de mín. Malditas viaxes apresuradas. P.S.- Á fin, a hecatombe non foi para tanto... Grazas aos meus veciños do 5ºD!!!! Espero que lles goste o viño de boa crianza.

Xuízo de Salomón

Decidiron vender ó seu fillo máis vello para poder ter medios económicos para curar ao máis pequeno. Que desesperación tan grande puido mover a estes pais, virxe santísima. Sacrificar a vida do san para salvar a do doente. E aquí o máis que facemos é separar a basura para reciclar (terrible esforzo), ou escoller el vestido,... en rosa o en blanco?. Cantos xuízos salomónicos como este de India ocorrirán cada día en todas partes. Maldito Occidente cego, apoltronado e xordo. [Sei que a foto non casa co texto, pero decidínme por esa para contrapoñela á noticia. A vida ás veces tamén tén unha pisca de alegría e de cor...]

Wonderwall

Un mira o telexornal ou a prensa e non sae dun desastre para cair noutro. Que sei eu. ...Só queda a música e a poesía. O teu sorriso franco, como unha corrente fresca, como un manancial vivo que corre polo meu peito cando te escoito e te miro. E os bares. E as boas conversas. Os recitais, os concertos ao aire libre. Os días de néboa. Os días de chuvia na cama. Os sol nas pernas e a area escorregando entre os dedos. Quizais sexa iso o único que poida salvarme. Ou quizais sexas tí , aínda que ningún dos dous o saibamos. Hoxe sona.- Wonderwall , Oasis

Fréhel -- Si tu n'étais pas là

SI TU N'ÉTAIS PAS LÀ Fréhel (France) Si tu n'étais pas la Comment pourrais-je vivre Je ne connaîtrais pas Ce bonheur qui m'enivre Quand je suis dans tes bras Mon coeur joyeux se livre Comment pourrais-je vivre Si tu n'étais pas là J'ai parfois malgré moi Des craintes folles Même un soir sans te voir Je me désole Tu reviens et soudain Plus de tristesse Car tu sais l'effacer Dune caresse Si tu n'étais pas la Comment pourrais-je vivre Je ne connaîtrais pas Ce bonheur qui m'enivre Quand je suis dans tes bras Mon coeur joyeux se livre Comment pourrais-je vivre Si tu n'étais pas là Les projets que je fais Presque sans trêve Les beaux soirs ou l'espoir Berce mon rêve Nos tourments bien charmants Si loin du monde C'est à toi que je dois Ces joies profondes Si tu n'étais pas la Comment pourrais-je vivre Je ne connaîtrais pas Ce bonheur qui m'enivre Quand je suis dans tes bras Mon coeur joyeux se livre Comment pourrais-je vivre Si tu n'étai...

Es caprichoso el azar...

Si, queridos e queridas. Onte fallouse o Avelina Valladares , que gañou Berta Davila. Noraboa. Excelente poemario, seguramente. O xuri estaba composto por M.A. Fernán Vello, Xosé Luna e F. Pillado Mayor (grazas polo teu apoio sincero, Luna...). CURIOSAMENTE, onte se presentaba en A Coruña ás 20h un libro da gañadora deste ano , editado por Espiral Maior, acto que presentaba M.A. Fernán Vello, como prologuista do devantito poemario e dono da editorial. Les iso e diste: casualidade, fíxate... Voume tomar un Valium e unha copa de Porto, porque creo que xa entendo os mecanismos gremiais da vida literaria e me decepcionan ata a náusea. Que curioso. Certamente, es caprichoso el azar ... Ou son eu la que a veces ve muertos ?

Franz Ferdinand -- Do You Want To?

Oh well I woke up tonight and said I I'm gonna make somebody love me I'm gonna make somebody love me And now I know, now I know, now I know I know that it's you You're lucky, lucky You're so lucky! Oh well do you, do you do you want to? Oh well do you, do you do you want to, want to go Where I've never let you before? Oh well do you, do you do you want to? Oh well do you, do you do you want to, want to go Where I've never let you before?

Peón4-Rei

Gosto moito do xadrez. A concentración e a práctica e o estudo do contrario que esixe esta disciplina militar sobre o taboleiro paréceme fascinante. Ademais de que non xogo a cotío e a miña soltura como estratega deixa moito que desexar, só hai un problema: teño mal perder . Quizais non tivese ata agora un bo mestre. Tempo. Hoxe sona.- It's raining again , Moby

Caravana do Terror

Non quero imaxinar(pero fágoo) como sería isto se sucedese hai dous séculos ou tres. Compostela colapsada de carruaxes negros. Uh. Pero aí está, queridos e queridas, a grandeza da Democracia e do pouquiño no que nos convertemos cando o tic tac se nos para. Curioso que ata nese intre sigamos producindo cartos...

Malditos trinos

Se algún de vós, músicos ou instrumentistas, vos atopades cun tr (trino) enriba dunha (ou dun grupo de...) nota(s), cabreádevos. Abandonade a música e cambiádea pola pintura, facede ioga ou kick boxing , saltádevos o trino a la torera, porque si, porque yo lo valgo. O tr está para foder as vosas horas de estudio, os vosos dedos, a vosa vontade. Minará as vosas horas de sono, as vosas ganas de comer, a capacidade para relacionarvos cos demáis. Sempre estará presente, resoando na vosa cabeza trrrrrr trrrrrrr trrrrrrrr Porque, queridos e queridas todos e todas, tr é a onomatopeia pura dun peido do demo mesmo.
Malia o que refire o anterior post, non finou un familiar de sangue, pero case como se o fose. Por iso ando meditabunda. Penso en cales son os fíos que nos unen, a que lle damos máis importancia dentro desta nosa "tribo" e cales son os mecanismos da Dor. Cales son as forzas que nos fan sobrevivir unha e outra vez, e como nos empurran cara á superficie cando perdemos pé no centro do noso océano. Creo que son excesivamente existencialista. Maldito Kierkegaard .

Massenet -- Meditación

Hoxe estou algo pensativa, ensimismada. Chegan novas que nos afunden nunha terrible agonía. E hai que sentarse tranquilo a dixerilas, como unha comida pesada que se nos atraganta. Trato de dicir que a morte dun ser achegado nunca é unha boa nova, pero é unha nova. Que remedio queda senon pararse e chorar. Hoxe sona no meu violino tamén Massenet e a súa Meditación .

Tempo

Todos pedimos tempo. Desaproveitamos un anaco do que temos naquelas actividades ou ocios que (cremos) o aproveitan e que fan medrar a nosa felicidade, aínda que non sexa máis que un intre. Algúns dirán: é mentira, non desaproveitamos nada. Non sei. Pero, sexa cal sexa a nosa opinión, seguimos pedindo tempo. Non nos basta co que nos é dado. Ata pedimos tempo (tempo morto), cando xa non nos queda, para poder tomar alento e amar. Para ler os libros que sempre quixemos ter lido. Para ver os filmes que imos deixando sen ver, para unha noite tranquila. Para ir de viaxe a ese sitio especial co que soñamos espertos ás veces. Para coñecer a esa persoa que nos completa, que nos dá forma, que nos cura e nos dá vida. Para pedir perdón polos nosos erros. Para suturar as feridas abertas. Para escribir e coidar os nosos tesouros. Para VIVIR .

Cando se extinguiron os Tsares

Non podía quedar rastro do sangue dos Tsares . Non. É preciso , dicían os mandos revolucionarios. Leváronos a todos. Golpeábanos, dicíanlles altezas e facíanlles reverencias. Ía frío, tra-la fiestra da cela improvisada nevaba arreo. Algo antes do amencer, espertáronos a culatazos e sacáronos fóra. Soaron os fusís. Un a un, caíron na neve encarnada. O silencio branco seguiu bailando sobre os seus ollos abertos mudos.