Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte. É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben. Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora. E que morra o conto . Viva!
Comentários
Esas portas abertas,,..
A cambio regaloche as palabras de Yhon Lenon, para que sigas cos tesus soños:
Imagina que no hay cielo, es fácil si lo intentas.
Ningun infierno bajo nosotros, sobre nosotros solo cielo.
Imagina toda la gente vivienda la vida ne paz.
Imagina que no hay fronteras,
no es dificil de hacer,
nada por lo que matar o mirir
y tampoco religiòn.
Imagina a toda la gente viviendo la vida en paz.....
SEguirémos falando en Agolada.
You may say I'm a dreamer
but I'm not the only one.
I hope some day you'll join us
and the world will live as one.
Ogallá.
Vémonos na montaña, logo.
Dende as terras baixas non vexo tan ben o sol...