Avançar para o conteúdo principal

Caravana do Terror

Non quero imaxinar(pero fágoo) como sería isto se sucedese hai dous séculos ou tres.

Compostela colapsada de carruaxes negros.
Uh.

Pero aí está, queridos e queridas, a grandeza da Democracia e do pouquiño no que nos convertemos cando o tic tac se nos para.

Curioso que ata nese intre sigamos producindo cartos...

Comentários

paideleo disse…
Unha nova ben curiosa.

Unha cousa: miro que apoias a lactancia materna. Podo dicirche que o Leo con dezanove meses aínda chupa na teta.
Un saúdo.
Unknown disse…
Se algún día teño meniños, dareille-lo peito, se é que podo.

Que lerchán o Leíño, así está de lindo.

Saúdos!!
d´Agolada disse…
Eu tampouco me imaxino Compostela chea de carruaxes negros, que mal roio! jeje. Bicos.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!