Avançar para o conteúdo principal

Galbana

Non me sinto con ganas de nada, serán os cambios do tempo.

Só durmir, durmir moito.
Creo que podería estar o día enteiro durmindo sen sentir remordementos por facelo, sen sentir necesidade de nada.

Estou perdendo a miña vida entre os lenzos.
Quizais veña alguén a espertarme do meu sono, que alguén o algo nos meus soños que me empuxe cara á consciencia e volva a respirar.

Ou quizais sexa eu a que teña que tirarme da cama, da tiranía terrible da galbana.

Comentários

Riiiiinnnnnnnggggg!!!!

Son o despertador, apágame e sigue durmindo
Unknown disse…
Non sei se gostaría de apagar o espertador, é o que máis preciso agora mesmo, un que soe ben forte e que sexa difícil de parar...

Beijos
Anónimo disse…
Xa somos dous os que non queremos facer nada.
Unknown disse…
Se miramos ben en nós, sempre hai algo que poidamos facer.
A cuestión é mirar na dirección adecuada :)

Tamén pode ser que agora mesmo nos falte unha enerxía imprescindible...

Beijos