Avançar para o conteúdo principal

Xoga Limpo

Cando China invadiu e anexionou Tíbet ao seu territorio comezou a voraxe.

É verdade: todos os pobos teñen dereito a defenderse, a defender a súa integridade fronte as contínuas agresións exteriores.

Tíbet debe ser escoitada.
Que terrible é ver aos monxes budistas pedindo axuda antes de que os maten. Que terrible a represión chinesa, que terrible escoitar do goberno chinés que se levará a cabo unha "reeducación" de Tíbet (significará máis sangue...)
Que está pasando, comunidade internacional?

Como un país como China pode ser sé duns Xogos Olímpicos se vulnera todos os principios do
evento, se non respeta a carta de Dereitos Humanos??

Comentários

d´Agolada disse…
O de China é unha auténtica vergoña, non sei como lle concederon o privilexio de organizar un evento coma os xogos olímpicos, xa só pola censura á que someten ós seus habitantes non deberían nin ser candidatos e agora co do Tibet e que dá vergoña, oxalá lles saían mal e queden mal diante de todo o mundo porque ser son uns capullos.
Unknown disse…
O dos Xogos é moi doado de entender:China é unha potencia en alza, cunha economía xigantesca e voraz á que convén ter contenta, porque se China se enfada o resto só podemos poñernos a tremer!
Bótalle unha ollada á web de Ropa Limpia e xa me contas...

Un saúdo!
Sin pretender trivialidades co tema que tratas, non podo evitar facerme eco do logo de "xoga limo en Beijing": a nena da costureira!!!
(Pregúntome que razón a fará suar dese xeito...)

Beijos olímpicos
Unknown disse…
Xa falaremos do tema, xa...

Con ou sen trivialidades.

Un saúdo!
Jorge¡¡¡ disse…
Habería moita xente,"que no se encuentra en montañas muy lejanas" que tería que decatarse de que o que acontece no seu pobiño non ten nin punto de comparación coa represión, inxustiza e imposición á que se están a ver sometidos os heroicos tibetanos.

Lendo un libro sobre as revoltas universitarias durante o franquismo, a conta dunha visita que fixemos con Xavier Castro a unha exposición que hay (había?) en Fonseca sobre o tal movemento en Galicia, pronto te decatas de que a xente tende a exaxerar bastante, e de que a vaidade éche un mal moi extendido...

Pouco menos que os rebeldes da USC tiñan feito tambalear o réximen (fixeron estremecerse os piares, coido que di literalmente), e pouco menos que fóran o preludio do que ía aconter en Francia no 68.

Como dicía, no libro citan a Tierno Galván e a Fernando Sabater, persoeiros ben significativos. O primeiro di algo así como que o que tiña de autoritario o réxime era inversamente proporcional ás libertades das que se gozaba (os represores, en realidade pasaaaaaaban de todo, no sentido de que tal represión era light en comparación do que se adoita chamar represión); e o segundo aseguraba que se todo dependera da importancia da forza e do vigor das revoltas e dos opositores, teriamos franquismo durante máis de 1000. anos.

Con isto quero dicir que os nosos mitos libertarios son de moi perfil baixo, vendo o panorama universal¡¡¡

I é que si eu pertencera á Asambleia (como os CAF, pero en radicalísimo, defínense como postmarxistas anarquizantes¡¡)pararíame a pensar en que, se de feito controlamos ó estudiantado universitario todo etc etc etc, ¿por qué non está pasando nada? E chegaría á conclusión de que nas altas instancias de poder estanse a dicir: ´"Deixade ós nenos xogar a seren Ches, a salvar a Willy, e a arreglar o mundo. Total, non lle fan mal a ninguén, e ademais ligan un mazo".

Saúdos¡¡¡
Unknown disse…
Que relación tén toda a perorata ca miña entrada?

Capitán, para lucirte tés o teu blogue, non me fodas o meu minuto de gloria. :D

E non teñas tantas faltas de ortografía:un universitario coma tí, tan puntilloso, non debe permitirse nin un só erro na ferramenta clave do historiador: a palabra.

Un saúdo resacoso

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!