Avançar para o conteúdo principal

Printemps

Mes trois filles
de cabelos ensortellados.

Concebínronvos as estrelas
en noites impares de lúa nova
no meu ventre morno.

Mes trois filles hereuxes
de papoula e campo de violetas.
O raio marcou a miña fronte
e parínvos deitada entre carrouchas florecidas

ensuciei o meu camisón de liño branco
con entrañas vivas /laveime
na auga do desxeo.

Abrín o peito para darvos
a mamar o berro que gardaba dentro /o sangue
que fluía aínda/cordón umbilical.

Medrastes ollos limpos
na miña soidade/ nos días que foron pasando.

Son unha árbore seca /sen
vós
que espera
que abre as pólas
e fainas subir cara ao ceo
e suplica/ pide pola chuvia
polos froitos que non xermolan.

Comín con avidez as vosas placentas, extenuada.

Mes trois filles
fermosas de sol
du printemps.




[De "O camiño dos caracois", poemario inédito, N.Soutelo]


PS.- quen me bota unha man cas correcións do gabacho?

Comentários

d´Agolada disse…
Bonito poema, sintoo eu de gabacho non ando nada ben jeje no che podo axudar. saudos dende d´Agolada
Unknown disse…
Entendes o seu significado?
Agradezo que che gustase.

Un saúdo para a Semana Santa.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.