Avançar para o conteúdo principal

O camiño dos Caracois

Teño a sensación, agora co poemario rematado e case correxido, de que falta algo.

A estrutura é equilibrada como quería, tén un fío, un leit motiv evidente, o tamaño axeitado para un poemario, unha linguaxe sinxela e directa.

Pero fáltalle algo, voto a Cristo!, e non sei que é.

Seguirei revisándoo, obsesiva.

A ver ser acabo sabendo que parte é a que o completa. Para deixalo xa descansar tra-lo parto.
Para poder preñar outra vez.

[Caracol, J. García]

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
A ver se me podes explicar ese "leit motiv", por que eu pérdome neses versos que hai espallados polo teu blog¡¡¡

Eu é que paso do simbolismo, do escurantismo abstracto, paréceme unha forma de aparentar, de "parecer que", de circunloquio, de pedantería, de diletantismo¡¡¡; prefiro a claridade e a poesía directa, clara, precisa e contundente¡¡¡

Estiveron de moda Sartre e Camus, e ninguén os entendeu, coido; senón que a xente deixouse levar por unha idea superficial do tema. Este exemplo a partires do existencialismo, reflectíuse/reflíctese na poesía (pode que na tua tamén, un poquiño?, dando lugar a poesía de palabrería insustancial, digna dun psicoanálise, quizais, pero inútil, insignificante e só valorada pola xente fácilmente impresionable, necia e desorientada¡¡¡

Por isto nunha entrada túa pasada, na que expoñías uns versos do teu poemario, eu dixen algunha estupidez como crítica a ese obscurantismo e subxectivismo van, que a fai incomprensible para os lectores (a poesía como autoaxuda, como equlibradoraemocional non é literatura...), e ti contestáchesme que te esperabas un comenatario algo máis elevado, digno..(por así dicilo).

Pois iso¡¡

So fago crítica constructiva, non persoal¡¡¡

Un saúdo¡¡

(E aínda tes collóns a preguntarlle o outro día a un paisano se tiña entendido uns versos teus que él previamente alavara... Coido que quedara prendido da berborrea, mais non da esencia do poema¡¡¡)

Odio a miña sinceridade¡¡¡
Perdón¡¡¡

Mais seguramente andarei errado, así que non me preocupo¡¡¡
Unknown disse…
HEHEHEHEHE!
Mekemeke, non deixas que se abra o teu corazón, bloqueas o que sintes... Si son existencialista nos meus plantexamentos, pero sen querer, non busquei facerme preguntas, nin plantexalas nos meus poemas, nin sequera resolvelas: é a curiosidade do historiador e do antropólogo.

Non odies a túa sinceridade, é un don que nos trae problemas pero que nos alivia nunha sociedade hipócrita como na que vivirmos hoxendía.

A miña poesía... eu non a considero demasiado retorcida, dí o que dí, non hai oscurantismo nin compendios gramaticais nela. Só hai o cotián, hai vida. Calquera vida. Non só a miña.

Cando leas algún poema máis no meu blogue, non o analices. Léo. Non o entendas, procura sentilo.

O de que lle preguntara a un dos que comenta no blogue se comprendera o poema do que tanto gostaba era por unha razón clara: fala de maternidade, da necesidade biolóxica da maternidade na muller, da sensación de vacío que ás veces sentimos ao chegar a certa idade.

Cantos adolescentes varóns poden comprender iso realmente? :D

Son mala persoa.
Non busques dentro dos poemas. Busca a sensación que provoca a súa lectura en tí (é un consello): eu non son deses poetas de circunloquios e compendios gramaticais amplos e excelsos, que dominan varios idiomas, que fan un amplo repertorio da súa vanidade.
Eu escribo para todos e todas, para crear unha conexión co mundo que me rodea. Para expresar o meu mundo interior, para que poidades meter os dedos polas chagas abertas no meu peito, como Tomás a Xesus Cristo.

Son un libro aberto.
Tómame nas máns e le.

Un saúdo
Puf, que ben disertades.

Saúdos dun paisano
Anónimo disse…
Eu cando escribo algo, intento non volver a leelo, porque senón, acabará todo trocado a coma empezara...

Tedes una beleza especial, que algúns homens empeñánse en que seia so déles...


Bicos
Unknown disse…
Non sei se disertamos ben, pero el plantexa a súa visión e eu a miña, viva o diálogo.

Pode ser André que teñamos unha beleza especial, pero non creo que a beleza faga que nos maten. Hai unha forza máis detrás da beleza.
Non sabería dicir o que.

Chousa, tú tamén sabes disertar, poderías escribir monólogos para grandes artistas da locución, como Pablo Motos ou Buenafuente. Anímate!!

Un saúdo a todos, un beijo a Chousa.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.