Avançar para o conteúdo principal

Convite

Creo que me queixo demasiado.

Quéixome demasiado da miña vida
da miña preguiza polas mañás
do meu sono á media tarde

do pelo que non medra más axiña para facerme unha trenza

de non saber cociñar máis do necesario para preparar un convite
de non ser elegante nin o contrario
de non querer manter un único rumo porque me parece tedioso
de perder a constancia de voo entre tanta nubosidade variable

do revisor do gas que me coarta os plans frustrados
do suicidio porque doe e do cotián porque aniquila demasiado a modo
da escasa proxeción dos esforzos de cadaquen no mundo que os rodea
das guerras que non pedimos/por quen as sofre

de tantas cousas que xa nunca acabo de lembrar porqué me queixo tanto
se á fin teño unha vida acomodada e linda
e un traxe de seda negro rigoroso
un par de cans un xardín con flores e árbores e unha bicicleta para os domingos

mágoa non ter con quen compartila.

Comentários

d´Agolada disse…
A todos nos pasa iso, todos nos queixamos da nosa vida, do que facemos, do que nos pasa aínda que non teñamos motivo. Pero o certo é que como di o refrán: non sabemos o que temos ata que o perdemos. Cuídate.
Suso Lista disse…
Claro que tes, teste a tí.
As bicicletas compartidas sonche unha carallada: mentras un pedalea o outro ten que mirar; que agora non lles poñen portabultos. Compre ter duas. Ou unha desas que lles chaman tandem. Eu pídome ir detrás!!!

Bicos queixicas
paideleo disse…
Sempre nos falta algo e ese é o motor da vida.
Un saúdo, nena de Raxoi rebelde.
Unknown disse…
Graciñas a todos.

O que non entendo é por qué neste blogue so comentan homes?

Tería que facer un estudo sociolóxico :)

Beijos
(Chousa, os tamdem si son unha carallada, porque mentres un da ata o último alento, o outro mira a paisaxe...)
Jorge¡¡¡ disse…
En fin¡¡¡

Vou con toda a boa intención e ilusión do mundo a reincorporarme na comunidade blogueira, e xa de primeiras me atopo con tanta tristura e desazón...¡¡

Pois merda¡¡¡¡

Ummmmmmmmmmmmmm¡¡¡

AAAAAAAAAAAAArriba¡¡¡

Muak¡¡¡
Jorge¡¡¡ disse…
"de esquerdas, farandulera e galegofalante"¡¡¡¡¡ (neo...)

Que interesante¡¡¡

jajajajaja

Talogo¡¡¡
Anónimo disse…
As bicicletas son pra o verao xD xD
Unknown disse…
Mekemeke! NEO que...?
NEOfarandulera, si :D
O resto, vén de anos.

A ver se cho teño que explicar todo...

É certo, André, as bicicletas son para o verán. Cando acabarei de comprender iso? :)

Beijos a todos e todas

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.