Avançar para o conteúdo principal

Martes de Entroido


Non cheguei a tempo para ve-las comparsas. Mollei os pés e o pelo. Fun de estrea co vestido mercado nas rebaixas.

Pero non te vín na maré de xente (sempre espero o encontro fortuíto que te devolva unha milésima de segundo á miña vida).

Collo na man a máscara que me trouxeron dunha viaxe a Venecia, fermosa pero sen expresión, con buracos por ollos. A miña neste entroido tén sorriso, pero non sei ben porqué.

Supoño que é porque ás veces a lembranza das pontes con río e sol me arrola e me cega a dor. Supoño que por iso adoro o Entroido. Porque as cores me brillan nos ollos e xa nada pasa máis cara adentro.


Comentários

Anónimo disse…
O entroido, sírvenos para escondernos dos demáis, e para pasar inadvertidos nas nosas vidas, durante uns momentos...
As máscaras son boas para poder ollar.
Seguramente tamén teñen unha vertente interior.
Oes, despois do entroido ven a Coresma. Eclesiásticamente ten unha cor que che debía gustar. A min tamén.

Bicos (pintado de pai-aso)
Unknown disse…
Adoro o sábado santo. Será polo da resurreción e todo iso. Ou polo cerimonial da luz e da escuridade.

Lumen Cristi. Deo gratia.

André, non me gusta o entroido por iso de esconderse, senon polo contrario: pola parte exhibicionista del.

Son unha exhibicionista medio reprimida. Pero non deixo de imaxinar que podería ser unha superdiva total (no entroido). :D

Moitos beijos!
Anónimo disse…
Pois a exhibirse entón, eso é o que conta, que cada un seja ledo a súa maneira :) :D

Un The Phone House das relixións? Pois mola. Así logo vas e elixes no catálogo a relixión que prefiras, a verdade é que non estaría mal...

Por Certo, mar dite dirección onde podes apostatar...

http://cincominutos.com/apostasia/blog/

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.