Avançar para o conteúdo principal

Tiña o corpo tan canso que xa non podía vomitar máis.

Esmaiouse no chan do cuarto de baño e ficou alí ata que se fixo de noite.
Cando acordou, doíanlle a cabeza, o ventre, a tristura.

Mirouse no espello coas mans apoiadas no lavabo. Veu os ollos mate encoveirados, escurecidos pola sombra de cor malva que os rodeaba, bagorentos.
Pasouse a man dereita polo cabelo recollido, polas meixelas cóncavas, polas comisuras secas.

Repasou as costelas e palpou os cadrís.

Non era o seu orgüio, pero agora a vida funcionaba así.

Secouse as bágoas e os mocos, limpou o váter e puxo o ambientador con olor a lavanda. Lavou a cara, púxolle rimmel ás pestanas longas e negras.

Por moito que queira trousala de mín, pensou, a tristura segue dentro.



Comentários

A cara da ledicia irradia ledicias; a cara da tristura...tamén é unha cara!!!

Pintémonos con rimmel canto faga falta, e se se corre...limpémolo co pano da paciencia!

Un bico convexo (para as meixelas cóncavas)
Unknown disse…
Sufro por todas as mulleres que padecen estas doenzas.

Sufro por elas como se eu mesma as sufrira.

O único que hai de min no texto son a sombra malva arredor dos meus ollos, o cabelo recollido e as pestanas longas e negras con rimmel.

Grazas ós deuses por levarse de min os aires de tristura.

E grazas a tí por dar forma ós teus bicos para acomodarse nas miñas meixelas cóncavas.
tete disse…
Estamos subidas na balanza, rula. Cando me esvaezo de tanta palabra (sego a non empregalas por escrito) véxote rebuldeira, chea de verbas escritas e por escribir.
E agradezo o meu silencio porque me da a ocasión de lerte aínda máis.
Encantoume toxiño. Se non che importa vou ver se adopto o meu becho.
Moitos moitos bicos e grazas por vires ó curruncho do silencio. Comigo e o meu alter ego con plumas.


pd: como comentabas, teño un escrito que se asemella a este. Tal vez un día cho amose. Tal vez algún día terei a enerxía para empregala volvendo a escribir. Muacks!
Unknown disse…
Canto te estrañaba! Graciñas por volver de visita!

Estarei encantada de ser público da túa escrita.
Ao Toxiño pódenselle dar amorodos, viches?

Xuro que na miña vida vira cousa semellante: un ourizo comendo froita.

Que o demo me leve.

Beijos mil, linda!
Jorge¡¡¡ disse…
Querida Navicularia, non fai falla que recomendes nada. E aínda menos cousas como Les Luthiers, que son de sobra coñecidos, agás para aqueles que pasan a vida descubrindo Mediterráneos. Xente que, polo que se ve, é facilmente impresionable, ok¡¡¡

Por certo, ¿agora Maruja Torres (Hola, soy Maruja, de profesión progresista¡¡¡) adícase a interpretar o papel de Lolita "La Pasionaria" en versión posmoderna e neocutre??? Dígoo pola súa última columna no Pravda, onde afirma que se debería sedar a Esperanza Aguirre na clínica do Doutor Morín, o que provocaría con seguridade a súa morte...¡¡¡ Sónate de algo un tal José Calvo Sotelo, verdade? Pois eso¡¡¡

Nun diario e nun país serios isto sería, en principio, e polo menos, causa de despido, non cres??

Unha persoa que SO lea El PAÍS, deberíase decatar, máis pronto que tarde, de que se trata dun diario progresista, porque sempre está á última; isto é, sen ter en conta o que dixo ou fixo onte ou antonte. Total, ¿quen se lembra, quen discrepa, se xa están todiños alelaos pola propaganda pijipi (pija y gipi)¡¡¡

E se non o cres, fai a proba¡¡¡

Anque, como vexo que aspiras a intelectaul subvencionófaga, pois calo, porque co pan non se xoga, e a man que da de comer lámbese, non se morde, verdade¡¡¡

Un saudo¡¡¡
Capitán Mekemeke¡¡¡

P.D.: Para mentarme ou para dirixirte a min usa o meu blog, que para iso está, ok?
Unknown disse…
OK.

A próxima vez que comentes no meu blogue espero que me avises antes, para tomarme un ibuprofeno de tamaño industrial e unha pílula contra a estupidez.

Tendo en conta que nos coñecemos de toda a vida, aprezo a túa descrición tan fiel de min na frase "como vexo que aspiras a intelectaul subvencionófaga", que deberías coidar un pouco máis na súa expresión, non vaia a ser que nun feliz día nos atopemos e poidas acabar de intelectualismo e de subvencións ata sangrar polo nariz.

Máis nada.

A envexa tamén é deporte nacional no teu universo, polo que vexo.

Coidate moito dos pijipis e sobre todo dos neointelectuais frustrados... e fai revisión de conciencia, pero só no teu blogue, e non no meu,lindeza.

Un saúdo hipermegaintelectual supermegasubvencionado.
Jorge¡¡¡ disse…
Alégrome de teren sacado a relucir o teu sinceiro e risueño espírito nazional-sociolista, macarrona¡¡¡

Coidas que precisarei dun escolta, ou...¡¡¡

E do de coidarme dos neointelectual frustrados
vouno ter sempre, non te preocupes, moi presente. Por que vindo o consello dunha experta neointelectaul pijipi coma ti..., é como para telo moi en conta..., mafiosilla¡¡¡

I é moi importante e urxente que comeces xa, sen maior demora, a consumir pílulas contra a estupidez de tamaño industrial, non vaia ser que remates por non ter remedio¡¡¡

E xamais esquezas, querida, que a primeira pedra tiráchela ti; así que non me des leccións de protocolo blogueiro¡¡¡

Desexándote moita sorte, e unha pronta desintoxicación pijipi:
O Capitán Mekemeke¡¡¡

Ata Nunca, Mariola¡¡¡ E se me ves pola rúa saúdame, non sexas tímida¡¡¡

P.D.:
Lástima de ameazas, pois poderiamos ter tido unha boa discusión ideolóxica, pero non vales a pena¡¡¡
Non é culpa tua estaren fanatizada, consólate¡¡¡

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!