Avançar para o conteúdo principal

Agora -- Despois

Quen sabe que pasará despois?

Polo momento, agora vou medrando. Non vou perder máis tempo nalgo que só fai que se dispersen as miñas forzas e o meu pensamento.
Non penso desviarme nin tan sequera un chisco das miñas metas a curto prazo.

Hai tantos outros colos nos que arrolarme nas noites de vento, tantas rúas que non coñezo, tantas tardes de sol para camiñar cos pés espidos, tantas beizóns, tantos poemas para recitar unha e outra vez ata perder a conciencia, tanto mar para adormecer nel...

A vida deume vóltas ata marearme todo este tempo. Estabas nesa néboa dos meus ollos, no punto cego da miña mirada.

Nunca.

Despois xa non importa.

Comentários

paideleo disse…
A vida dá muitas voltas e virán tempos millores, non teñas medo.
Graciñas por aprenderme o da cabuxa do aire.
Incluso cando falas en clave (de sol de inverno), artellas frases con intensidade.
Había un boticario que decía que él tiña o remedio para os males todos. Non o vendía en frascos nin o receitaban galenos. Tiña un efecto secundario jodido: envellecer; pero polo demáis...remedio de santos (e de santas).

(O despois ha ser o hoxe de mañán, e mañán...importa)

Beijos de hoje
Unknown disse…
Graciñas polos azos. Xa estou nos meus tempos mellores, non hai fallo.

O malo de nós mesmos é a capacidade de recordar feitos e persoas do noso pasado que non dan froitos no presente. Mágoa de sementeira.

Unha aperta para esa cereixa que medra cada día un chisco máis, e para o papá.
Unknown disse…
Grazas polos beijos recén escritos: teño xa fartura de bicos rancios.

Como ves, o despois non é moi alentador, malia todo.

Despois xa non importa porque non hai despois. Só queda nunca.

Anque, visto o visto, o camiño vira cando un menos conta.

Beijos de mañá.

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!