Avançar para o conteúdo principal
Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un".



Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Comentários

tete disse…
Xa te notara silenciosa, máis introspectiva ca de costume. Pero pensei que eran as novas experiencias que te estaban enchendo por dentro. Nunca poderías estar baleira, Mariola. Pero as veces as palabras podemos pechalas coma se fosen billas.
Para min, as túas verbas teñen beleza. E talento. Pero, quen son eu, senon unha visitante neste teu planeta cibernáutico?
Unha aperta!
Unknown disse…
Es unha onda de aire fresco, Teté.
Entras polas miñas fiestras abertas e traes aromas novos, ou que fun esquecendo devagariño.

Sempre é bo tomar alento. E niso ando. Romper a crisálida nunca resulta fácil, por moito que desexemos a metamorfose destas ás novas que queren voar antes de espreguizarse.

Xa fluirán as palabras. De momento, quero ser egoísta e gardalas para min.

De momento, o mundo fóra non importa tanto como o mundo que vai tomando forma dentro.

Todo flúe.

Unha aperta multiplicada por tres.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.