Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de setembro, 2007
Tensa un arco hasta su límite y pronto se romperá; Afila una espada al máximo y pronto estará mellada; Amasa el mayor tesoro y pronto lo robarán; Exige créditos y honores y pronto caerás; Retirarse una vez la meta ha sido alcanzada es el camino de la Naturaleza. [ Lao Tze ]
Un agasallo de calma para a nosa vida ás carreiras. Respirade fondo. Esquecede a présa. Vivide.
Hai un camiño retorto diante dos nosos pés magoados que se nos filtra polas feridas das prantas e das dedas, e que nos empuxa cara a unha ou outra beira. No noso sentido do equilibrio e da orientación está a maior ou menor fortuna durante este recorrido que tanto nos marea. E é niso no que está o verdadeiramente importante. Que pode significar non saber como chegará un a comportarse nunha determinada situación (ficticia), ou non ter a certeza de tomar a decisión correcta (mentres non teña que tomarse), ou "no se que ponerme" ou qué bo tempo de praia nos vén, teño que lava-lo auto, cambieime de compañía de móbil, este ano lévanse os tonos grises no outono...? Ás veces, temos a cabeza tan chea de paxaradas que nos distraemos dalgo esencial como é vivir. E do fermoso do sinxelo.
Declaración de las Mujeres de La Vía Campesina- Centro América 12 de Septiembre, 2007 - El Salvador Reunidas los días 11 y 12 de Septiembre en la Ciudad de San Salvador, el Salvador la Comisión de Mujeres de La Via Campesina Centroamericana en el marco de la articulación internacional del Movimiento de Mujeres en La VIA CAMPESINA, bajo los principios unionistas de nuestro prócer FRANCISCO MORAZAN QUEZADA declaramos antes los gobiernos y al pueblo centroamericano en general *Acompañar acciones encaminadas a fortalecer la unidad de los pueblos Centroamericanos y Latinoamericanos. *Respaldamos la Alternativa Bolivariana para America (ALBA) como una propuesta de unidad de los pueblos Latinoamericanos que nos permite dignificar nuestras raíces. *Acordamos conformar la Comisión de Mujeres Centroamericanas por el ALBA como una alternativa que permita dignificar el trabajo de las mujeres campesinas e indígenas. *Luchar para lograr una verdadera equidad de género en el Movimiento Campesino Cent...
Xa hai cartaz da II Festa da Poesía. Ogallá nos atopemos todas e todos nela!
eh, mira para min estou aquí ó teu carón dando calor, todo amor puros e simples sentimentos ó meu redor ti sempre estás comigo es parte de min e-lo meu alivio para min ese es ti ti sempre estás comigo, e-lo... eh, mira para min este amor e adoración que sinto por ti sempre está aí para collerte e levarte dentro de min ti sempre estás comigo... [ Ese es ti , Mercedes Peón] [FOTO: Xardín Botánico de Berlín, m.n.soutelo ]

II Festa da Poesía

Anque non estea anunciado, o 28 de Setembro celébrase na Estrada a II Festa da Poesía, á que todas e todos estamos convidadas/os a participar recitando poemas propios ou doutros poetas. A hora de comezo é as oito da tarde. Quen sabe que pode resultar desta volta?
Que ben se está cando se está ben , como dicía Paco Rabal, disque... E é que ás veces ese pensamento en espello toma certo sentido e recóbrese de verdade. E gratifica. Que curiosa é a linguaxe e que agradecido é o esforzo de facer as cousas por unha mesma (ou por un mesmo). Canto reconforta unha caricia despois dalgunha que outra labazada.

My Style

Hai días nos que necesito a miña dose de veleno. Días nos que se me fai urxente ter esa sensación de bile e de ira na língua e nas costelas. Son os días nos que penso que non sería tan malo volver a verte, botarmos unha parrafada sobre os conflictos mundiais, saber da túa vida. Por que non?, dígome estúpida. Menos mal que son tan hipócrita (ata comigo mesma) como para sorrirme de medio lado no espello e cambiar ese pensamento destructivo por outro máis banal, máis superficial, menos do teu gosto. M áis do meu estilo.
Pecho os ollos e ulo o aroma a café e a sopa quente. Sinto a humidade do río na cidade. Soño con Hackescher Markt. Coas estacións que se van facendo tan familiares, nas que subir e baixar e volver a subir. Cos asasinos silenciosos (todo tén un porqué nesta historia). Coas dimensións diáfanas das prazas e das avenidas, do ceo sobre Berlín. Coa súa luz gris, pese a estarmos en Agosto. Co silenzo inmenso das rúas e dos locais. Coa verde quietude nostálxica dos patios. Esa é a vida que quero. A vida comigo. A miña vida.
Postdamer Platz, Berlin Parece ser que sempre atendemos a un sinal para dar unha reviravolta. Un "máis-difícil-aínda" que nos fai sentir satisfeitos e, se cadra, un pouco invencibles tamén. Como nunha sorte de anorexia intelectual absurda que non nos deixa analisar o conxunto e nos fai conformar só ca parte que queda entre os ollos virados cara a punta do noso nariz. A parte que se volve única, a que de verdade nos importa nese intre de felicidade suprema en que nos permitimos imaxinar a vida. A vida que desexamos cos puños pechados de ansia. A nosa vida.