Avançar para o conteúdo principal

De novo aquí, ou quen sabe...

È curioso. A cidade é a mesma, pero eu xa non.
Síntome algo asustada.

Como se

esta monotonía

xa non fose suficiente abeiro;

nin sequera arrasando todo ata

a raíz máis profunda

para poder construír de novo.

Comentários

tete disse…
recupera os folgos.
asimila.
e logo, cóntame :)
bicos, rula!
Unknown disse…
Todo est� ben. Os folgos non se recuperan, eso � o fant�stico da viaxe.

Tan fant�stico, que se puidese, ir�ame a vivir al� sen remordementos.

Que cousas...

Berl�n � a illa da ninfa Calipso na mi�a pequena odisea de teatro ambulante.


Nunca desexara tanto non ter que regresar.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!