Todo muda nun cando recita.A Pythia ábrese camiño entre todas as fibras e poros e veas e vísceras ata poñerme os ollos en branco, buscando o exterior. Combinando o aire entre as cordas vogais ata facerse fonema, falar pola miña voz e atopar as canles auditivas dos que escoitan.
Il@s envelenando de vapor de etileno pouco e pouco para que caian no ensoño que infunde o poema, ata que cada verso se agarre nos seus peitos, axitando dentro deles cada unha das súas certezas e das súas razóns. Anular as vontades de tod@s.
E, entón, a voz cesa, cesa a profecía. A Pythia volve a durmirse no fondo da cova na que repousa en min cada día.
O encantamento desfaise.
Os meus ollos recobran o seu iris de cor escura.
A miña voz, o seu acento.
E este corpo extenuado só se pregunta cando tardará en chegar o seguinte.
Comentários
imaxineite, ergueita, sen timidez, fluindo coa palabra toda a forza que tés en ti. que intúo en ti.
imaxineite febril pola emoción, feliz, tal vez.
bicos, mariola!
Lamento inmenso non ter concordado mellor as nosas axendas. Sigo gardando mesa na terraza á espera dos tés.
Beijinhos.