Avançar para o conteúdo principal
Todo muda nun cando recita.
A Pythia ábrese camiño entre todas as fibras e poros e veas e vísceras ata poñerme os ollos en branco, buscando o exterior. Combinando o aire entre as cordas vogais ata facerse fonema, falar pola miña voz e atopar as canles auditivas dos que escoitan.

Il@s envelenando de vapor de etileno pouco e pouco para que caian no ensoño que infunde o poema, ata que cada verso se agarre nos seus peitos, axitando dentro deles cada unha das súas certezas e das súas razóns. Anular as vontades de tod@s.

E, entón, a voz cesa, cesa a profecía. A Pythia volve a durmirse no fondo da cova na que repousa en min cada día.

O encantamento desfaise.
Os meus ollos recobran o seu iris de cor escura.
A miña voz, o seu acento.

E este corpo extenuado só se pregunta cando tardará en chegar o seguinte.

Comentários

Oscar de Lis disse…
Para mim, dizer as palavras do poema é mais próximo da mordedura do leviatám ou lobo do que do surgimento da Pythia, mas bem... é apenas aprezaçom pessoal.
tete disse…
imaxineite, por un intre, de pé, cos ollos escuros tornando a seren doutro mundo, do mundo das letras, dos asubíos da inspiración.
imaxineite, ergueita, sen timidez, fluindo coa palabra toda a forza que tés en ti. que intúo en ti.
imaxineite febril pola emoción, feliz, tal vez.
bicos, mariola!
Unknown disse…
Certamente, febril de remate. Ía un calor de mil demos. Pero, aínda no medio do trance, mantiven os pes fríos, sorte de refrixeración bendita.

Lamento inmenso non ter concordado mellor as nosas axendas. Sigo gardando mesa na terraza á espera dos tés.

Beijinhos.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.