Avançar para o conteúdo principal

This is what you get when you mess with us [Radiohead]

[Al Capone]


És desa raza de xente que un desexa non ter que coñecer nunca, pero coa que con maior ou menor fortuna acaba tropezando. Si, desa, ti xa sabes.
Desa que cre fluctuar nun plano existencial sublimado, apartado do conxunto, lonxe de superficialidades,con todo vivido e visto.
Desa que, proclamándose libre, repta sobre o seu propio ventre e se esgaza nas cadeas.
Desa que ensina os dorsos das mans, pero non o que esconde dentro delas.
Desa que abunda a súa língua en palabras e calificativos e reverencias e aloumiños, e viceversa.
Desa que disimula o fedor das súas intencións no ángulo confuso dun sorriso sen dentes.

Mágoa.

O interesante é que así tanta outra xente sae gañando na comparación. Aínda que, ben mirado, nin comparar fai falla.

Comentários

Hey, recibí la carta... sigo con el análisis liteario, jeje.

Beisinhos
Unknown disse…
Disecciona, disecciona... :D

Me costó escribirte de nuevo, pero en fin... todo tiene su proceso (y lo echaba muuuucccchhhoooo de menos).

Cúidate.
Beijocas.
tete disse…
mmmm. sempre atoparemos persoas así. e tal vez alguén tamén nos viu así algunha vez. aínda que sinto que sería terrible. ogallá pudiésemos andar sen ferir. téntoo. téntoo.
o sábado estivemos de viaxe rápida por santiago para cear en casa duns amigos. sei que atoparei a ocasión de te invitar a un café.
bicos, mariola!
Unknown disse…
Supoño que, como tú dis, tamén nos puideron/poden ver así os demáis. Seguramente.

E seguramente, tamén, non viron moito peor.

De todas formas, o ser humano é torpe por natureza. Vivimos inconscientes, en canto ás consecuencias dos nosos actos, porque somos limitados e non posuimos o don da clarividencia. :)

Porque de ser así, nin pestanexariamos.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.