[Al Capone]És desa raza de xente que un desexa non ter que coñecer nunca, pero coa que con maior ou menor fortuna acaba tropezando. Si, desa, ti xa sabes.
Desa que cre fluctuar nun plano existencial sublimado, apartado do conxunto, lonxe de superficialidades,con todo vivido e visto.
Desa que, proclamándose libre, repta sobre o seu propio ventre e se esgaza nas cadeas.
Desa que ensina os dorsos das mans, pero non o que esconde dentro delas.
Desa que abunda a súa língua en palabras e calificativos e reverencias e aloumiños, e viceversa.
Desa que disimula o fedor das súas intencións no ángulo confuso dun sorriso sen dentes.
Mágoa.
O interesante é que así tanta outra xente sae gañando na comparación. Aínda que, ben mirado, nin comparar fai falla.
Comentários
Beisinhos
Me costó escribirte de nuevo, pero en fin... todo tiene su proceso (y lo echaba muuuucccchhhoooo de menos).
Cúidate.
Beijocas.
o sábado estivemos de viaxe rápida por santiago para cear en casa duns amigos. sei que atoparei a ocasión de te invitar a un café.
bicos, mariola!
E seguramente, tamén, non viron moito peor.
De todas formas, o ser humano é torpe por natureza. Vivimos inconscientes, en canto ás consecuencias dos nosos actos, porque somos limitados e non posuimos o don da clarividencia. :)
Porque de ser así, nin pestanexariamos.