Avançar para o conteúdo principal

Tipoloxías do vento

Non sei como é o proceso, nin cal foi o momento primeiro en que me decatei de que, de novo, voltou a cambiar o vento.

É curioso como un cambio no noso entorno pode trastornalo todo, por moi leve que sexa.

A pena é que sempre teña que esperar a que os ventos cambien para poder cambiar eu.

Comentários

tete disse…
teño un amigo marabilloso. vive fóra daquí hai xa 5 anos. hai tempo, cando estudiabamos en Santiago (marabilloso paraíso), regaleille un poema e unha foto que falaban dun xirasol. porque me gustan esas prantas que seguen o descorrer do sol. que cambian soas, sen precisar vento nen alento. só sol.
sonche unha delas, tamén. pero o vento tamén me fai cambiar.
moitos bicos, mariola!
Unknown disse…
O que eu preciso non é o vento en si, senon que veña ó meu favor. Ás veces, por moito que desexemos o cambio, non hai o substrato preciso para el. Debe madurar, acadar as condicións necesatias para poder desenrolarse con normalidade.

Non sempre hai que forzar o cambio porque, en sí, non é máis que o culme dun proceso máis ou menos longo.

E niso é no que eu ando.

Beijocas, Teté...

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.