Avançar para o conteúdo principal

Camerawoman


Aínda non se sabe.
Ás veces se pasa á acción axiña.

No meu proceso, malia que algo máis lento que o que soe entenderse como psicolóxicamente aceptable, sempre hai unha resolución final.

Non me importa o que digan moitos. Non son covarde nin me falta capacidade de decisión. Nin estou trastornada, alomenos non máis que a media de loucura xeral na poboación.

Aínda non se sabe, ou poida que si.

Ás veces, paso axiña os meus pensamentos á acción e se desencadean miles de reaccións e consecuencias , moitas delas previstas, outras non.

Poida que si, pero xa non importa.
É esta FRIDA aberta no peito a que me dá pulos.

Comentários

tete disse…
as palabras dos outros son so iso. palabras. os desexos, as necesidades de expresión que temos dentro son actos. realidades frente a semántica. segue a realidade, porque é a que te colmará... ou, ó menos, a que o tentará.
moitos bicos e adiante!!!
Unknown disse…
Non creas iso de que as palabras son só palabras. Aínda que só sexan letras ordenadas dunha forma determinada, o perigoso delas é a intención que as fai nacer.

É esta sede a que non me deixa colmarme.

Graciñas polos teus posteos. Son como auga de Maio.

Unha aperta.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.