Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de maio, 2007

Tipoloxías do vento

Non sei como é o proceso, nin cal foi o momento primeiro en que me decatei de que, de novo, voltou a cambiar o vento. É curioso como un cambio no noso entorno pode trastornalo todo, por moi leve que sexa. A pena é que sempre teña que esperar a que os ventos cambien para poder cambiar eu.

A outra columna

E cantas cruces nos sinalamos tamén na pel, ás veces sen saber qué facemos. Inconscientes. Penso que non importa, (que importancia pode ter?) pero as cruces quedan, escarcificación horrible e doorosa nestas miñas cóstas núas abertas en parénteses de feridas polas que meter os dedos e palpar a vertixe desta columna que se rompe e se reconstrúe e se esmiúza en area encarnada e quente extendéndose como unha acuarela indefinida e mesta que vai recorrendo as canles difusas que me comunican fóra da faixa de seguridade da miña boca ata os teus pés e en sentido inverso.

Recoller frangullas

Tamén sorrío, agora que recollo estas frangullas. Como cando comía os peruchos das bolas de molete do noso panadeiro de toda a vida, que só cocía unhas poucas pezas de pan para os veciños. Sempre silbaba a mesma canción(que eu nunca souben recoñecer), con moitos vibratos e moitas florituras como cando se canta na misa. Nunca tiven a valentía de preguntarlle que era o que cantaba cando repartía o pan pola aldea na súa furgoneta branca. Eu era moi pequena. E algo cagainas tamén. O Marcelino era como os malos das pelis. Sempre enlixado e cheo de fariña ata as orellas. Non era como o Chema de Barrio Sésamo. Nin punto de comparación. O meu avó dicía que o pan de Marcelino era tan rico porque facía pis nas máns antes de amasar.

Soidades e outros vacíos

Soledad, aquí están mis credenciales, vengo llamando a tu puerta desde hace un tiempo, creo que pasaremos juntos temporales, propongo que tu y yo nos vayamos conociendo. Aquí estoy, te traigo mis cicatrices, palabras sobre papel pentagramado, no te fijes mucho en lo que dicen, me encontrarás en cada cosa que he callado. Ya pasó ya he dejado que se empañe la ilusión de que vivir es indoloro. Que raro que seas tú quien me acompañe, soledad, a mi, que nunca supe bien cómo estar solo. [ Soledad , 12 minutos de oscuridad , Jorge Drexler]

Lila Downs e Jorge Drexler

Como sempre penso, Novembro é o meu mes favorito. De novo, neste ano, o segue sendo. Nas dúas semanas centrais dese mes, haberá concerto de J.Drexler e Lila Downs en Pontevedra. Xa vou reservando as entradas. Que levante a man @ que se apunte.

Pensando en non pensar

Como de difícil pode resultar para un occidental eso de non pensar? Creo que xa nin se nos pasa pola idea. Que, no fondo, estamos tan cómodos sempre agoniados de cousas dando vóltas estúpida e infructuosamente nas nosas cabezas ocas que plantexarnos desfacernos de toda esa masa estéril nos aterroriza. Menos mal que aínda nos quedan (para os valentes) as aulas de ioga e meditación.

O día que experimentei o "Jubileo Ateo"

Como todas as primeiras veces na vida, un sinte algo de receo. Unha inseguridade medorenta e algo infantil, por se vén o home do saco ou se ao abrir os ollos descubrimos caras e olladas de reprobación arredor de nós. A cousa non está fácil. Unha vez superada toda esa anguria inicial, se experimenta unha fonda excitación: é o Jubileo Ateo . Xa pode dicir un que "estivo" realmente en Compostela. Que viviu a experiencia xubilar e que non lle queda ningunha dúbida ao respecto de dúas cousas: 1. Que difundirá a nova para que máis individuos poidan disfrutar desa peregrinación, malia que lle dean unha tunda (toda predicación tén as súas contrapartidas). 2. Que repetirá. Iso,case seguro.

Impresionante Malikian

Creo que non me recuperarei por uns meses máis. Malikian tén un xenio vivo,cabelo longo negro e crecho, sentido do humor infinito. Seguramente, é case perfecto. Preciso alguén a quen A d M ir AR .

Camerawoman

Aínda non se sabe. Ás veces se pasa á acción axiña. No meu proceso, malia que algo máis lento que o que soe entenderse como psicolóxicamente aceptable, sempre hai unha resolución final. Non me importa o que digan moitos. Non son covarde nin me falta capacidade de decisión. Nin estou trastornada, alomenos non máis que a media de loucura xeral na poboación. Aínda non se sabe, ou poida que si. Ás veces, paso axiña os meus pensamentos á acción e se desencadean miles de reaccións e consecuencias , moitas delas previstas, outras non. Poida que si, pero xa non importa. É esta FRIDA aberta no peito a que me dá pulos.

Apadriñada

-O caciquismo nácelle aos povos como che nace a barba. ¡Aféitate, home, aféitate!. ["Cousas" , Castelao ] Parece mentira que a estas alturas da Historia, o caciquismo, as clientelas e os padriños sigan servindo de moito para certas cousas, por non dicir para TODAS as cousas. Que mentira cochina esto da democracia, da igualdade de condicións, da liberación sexual da muller, dos destiños manifestos. Pois, para non ser menos que outros e outras, eu tamén quero un padriño. Un padriño con puños grandes e cerebro pequeno, ruín e avaricioso, que dea azos á ambición sen límites que aínda repousa caladiña (que non durme) en mín.