Avançar para o conteúdo principal

O día que experimentei o "Jubileo Ateo"


Como todas as primeiras veces na vida, un sinte algo de receo. Unha inseguridade medorenta e algo infantil, por se vén o home do saco ou se ao abrir os ollos descubrimos caras e olladas de reprobación arredor de nós.


A cousa non está fácil.


Unha vez superada toda esa anguria inicial, se experimenta unha fonda excitación: é o Jubileo Ateo.


Xa pode dicir un que "estivo" realmente en Compostela. Que viviu a experiencia xubilar e que non lle queda ningunha dúbida ao respecto de dúas cousas:

1. Que difundirá a nova para que máis individuos poidan disfrutar desa peregrinación, malia que lle dean unha tunda (toda predicación tén as súas contrapartidas).

2. Que repetirá.


Iso,case seguro.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.