Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A precisión dos cabalos e as horas

Cada día. Eses versos, uns versos concretos, como mil inmensas físgoas no interior. Eis o silencio e as horas, percorréndome o sangue como cabalos desbocados, rinchándome a carne. ...pero yo ya no soy yo, ni mi casa es ya mi casa . (F. García Lorca) Nosotros , los de entonces, ya no somos los mismos. (P. Neruda) Toca regresar. Limpar e airear os cuartos. Pintar de novo as paredes e refacer a vida entre elas. Amontoar todo (libros, roupa, louza, fotos, azos) en caixas de cartón sen rotular. ...Non volvín en todos estes anos. Que pantasmas serán as que me agarden dentro? Teño medo e dor. E, nisto tamén, estou soa.

Back to.

Pechar os ollos. Apagar a luz.

día 15 - Na Casa

día 15 E, de súpeto, un día comezas a dubidar de todo. É algo así como esa sensación de abandono que ás veces se nos atravesa como a proa dun barco, de parte a parte. Mentres  lavamos a cara. Mentres vestimos roupa fría que cada día estrangulamos nunha percha. Dubido de todo. Do que creo, do que sinto, do que fago, do que leo, pinto, amo,  cociño, cuspo, mexo, vexo, escribo. Estou cansada. Non creo en nada. Non creo. Non sinto nada.  Só as notas dos temas que escoito, compulsiva. E ‘O Moldava’. Os acordes incesantes. As melodías reiteradas unha e outra vez, en todas partes. Ata a tolemia. Esa semente que está aí sempre, pendente de min, de asaltarme e derribarme. Son unha crisálida sen bolboreta dentro. Como as que aquel vello amosaba orgulloso de si, cun alfinete atravesando os cilios, a coraza crebada, todo o pequeno peito en que alentaba o ser e a beleza das bolboretas de todo o mundo. Cada palabra incrústaseme nos dentes, como ...

Colossus (IV)

O sangue no gume. O sangue. Dixéronme que non me querías, sabes?, pero a tres metros baixo terra quen pode oírte xa? No gume, o sangue que foxe do sangue. Dixéronmo e, resumindo, ó fin e ó cabo eu sigo viva, non quererán esquecerme os que me aman/ós que amo e tí, nesa caixiña de mistos, tés os ollos pechados comestos de odio e prexuízo auga e aceite o sangue a borbullóns no gume.     Só isto che digo: que     nunca me quixeches     e      que eu xamáis fun parte     -e dou grazas-     dese teu tan dramático kabuki.

Colossus (III)

Fun termando das pontes fun termando de todas as pontes mentres te alonxabas, nai nun abrigo de neve e follas e muxicas Ía frío,- lembras?- , no contorno da pel e as voces eran a pelexa curtida de dous gatos negros. E as pontes caíron E os días pasaron E eu, murcha e exhausta no loito, deixei de chorar a túa perda.