O sangue no gume. O sangue.
Dixéronme que non me
querías, sabes?, pero
a tres metros baixo terra
quen pode oírte xa?
No gume,
o sangue que foxe do sangue.
Dixéronmo
e, resumindo,
ó fin e ó cabo eu sigo
viva,
non quererán esquecerme os que me aman/ós que amo
e tí, nesa caixiña de mistos, tés os ollos pechados
comestos de odio e prexuízo
auga e aceite
o sangue a borbullóns no gume.
Só isto che digo: que
nunca me quixeches
e
que eu xamáis fun parte
-e dou grazas-
dese teu tan dramático kabuki.
Comentários