Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

Predición

Como cando as horas pasan tan lentas que poden respirarse os segundos. Hoxe pido unha predición misericorde, arcanos. Deixade que lea nos vosos trazos a resposta que levo tempo buscando. Quizais neles poida ver o fondo do cristal antolladizo do meu pensamento, para descifrar así, soamente, as cores da súa profecía.

Desaproveitar

E niso consiste todo: en desaproveitar. Agora todo parece inagotable. O tempo, as ansias, a paixón, a intelixencia. Pero hai algo que si noto desaproveitado: que pasa co meu cerebro? Xa non quere reflexionar, nin analizar, nin nada de nada. Menos mal que aínda se sustenta só para as actividades básicas e rutinarias. Empúxome eu soa cara unha mediocridade angosta que ameaza seriamente con ir murchándome. E non sei se o proceso tén pórta de atrás para escapar. Supoño que me falta amor . A súa química feroz, os seus desvaríos. Son unha casca vacía condenada a encallar.

This is what you get when you mess with us [Radiohead]

[Al Capone] És desa raza de xente que un desexa non ter que coñecer nunca, pero coa que con maior ou menor fortuna acaba tropezando. Si, desa, ti xa sabes. Desa que cre fluctuar nun plano existencial sublimado, apartado do conxunto, lonxe de superficialidades,con todo vivido e visto. Desa que, proclamándose libre, repta sobre o seu propio ventre e se esgaza nas cadeas. Desa que ensina os dorsos das mans, pero non o que esconde dentro delas. Desa que abunda a súa língua en palabras e calificativos e reverencias e aloumiños, e viceversa. Desa que disimula o fedor das súas intencións no ángulo confuso dun sorriso sen dentes. Mágoa. O interesante é que así tanta outra xente sae gañando na comparación. Aínda que, ben mirado, nin comparar fai falla.

Violeta Parra

Gracias a la vida ( Violeta Parra ) Gracias a la vida que me ha dado tanto. Me dio dos luceros que, cuando los abro, perfecto distingo lo negro del blanco, y en el alto cielo su fondo estrellado y en las multitudes el hombre que yo amo. Gracias a la vida que me ha dado tanto. Me ha dado el oído que, en todo su ancho, graba noche y día grillos y canarios; martillos, turbinas, ladridos, chubascos, y la voz tan tierna de mi bien amado. Gracias a la vida que me ha dado tanto. Me ha dado el sonido y el abecedario, con él las palabras que pienso y declaro: madre, amigo, hermano, y luz alumbrando la ruta del alma del que estoy amando. Gracias a la vida que me ha dado tanto. Me ha dado la marcha de mis pies cansados; con ellos anduve ciudades y charcos, playas y desiertos, montañas y llanos, y la casa tuya, tu calle y tu patio. Gracias a la vida que me ha dado tanto. Me dio el corazón que agita su marco cuando miro el fruto del cerebro humano; cuando miro el bueno tan lejos del malo, cuando ...
Case non lembraba o gustiño que dá pasarse horas e horas tocando, sen ninguén que me moleste nin me interrompa. Estou recuperando as ganas de vivir :) E a dureza nas puntas dos dedos. Creo con máis firmeza no que quero para esta vida. Haina que ir tecendo e destecendo, como Penélope, como as polifonías interminables das partitas de Bach. Cos dedos seguros e firmes e atendendo á intuición.