Avançar para o conteúdo principal

Pequenos misterios cotiás

Nadie sabe porqué un día el amor nace,
ni sabe nadie porqué muere el amor un día.
...e o terriblemente horribles e monstrosos que nos fai sentir esa perda.
Pero nesas seguimos, por moito que outros se resistan.

Comentários

tete disse…
andei moitos anos á procura del. agochábase de min. imaxineino, escribino, soñeino. desexábao tanto que me esquecin de min mesma. agotei as ansias, desconfiei de todos. durmin ese esgotamento e, nalgún intre, a miña forma de ver a vida cambiou. ou cambieu eu.
porque o destino (no que nunca crin, ou nunca lle quixen dar poder) presentoume a ocasión de coñecer a alguén maravilloso. sei que son mellor persoa porque el me anima a selo co seu exemplo.
espero non volver renegar de amar.
moitos bicos, ruliña!!

pd: non sei se irei a santiago esta fin de semana. por si aca, pásoche o meu móbile 686207346.
Unknown disse…
Eu non creo que sexa capaz de renegar de amar, nin de amar a quen non merecía ese amor. Nunca se debe renegar do que forma parte de nós, porque dunha forma ou outra e nun sentido ou noutro, sempre nos completa.

E de todo se aprende. Disque.
Nos vemos cando queiras polas Compostelas.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!