Avançar para o conteúdo principal

Desaproveitar


E niso consiste todo: en desaproveitar.
Agora todo parece inagotable. O tempo, as ansias, a paixón, a intelixencia.

Pero hai algo que si noto desaproveitado: que pasa co meu cerebro? Xa non quere reflexionar, nin analizar, nin nada de nada. Menos mal que aínda se sustenta só para as actividades básicas e rutinarias.

Empúxome eu soa cara unha mediocridade angosta que ameaza seriamente con ir murchándome. E non sei se o proceso tén pórta de atrás para escapar.

Supoño que me falta amor. A súa química feroz, os seus desvaríos.
Son unha casca vacía condenada a encallar.

Comentários

tete disse…
espero non ler desesperanza no texto de hoxe. non te quero aloumiñar, non pretendo de ti máis que dicirche que me impresiona a túa capacidade de expresión e de emoción. leo o que che gusta, o amor pola música e por eses artistas que te fan feliz, que che dan ilusións. é importante sentirse amada, éo. pero hai que afondar en un mesmo e coñecerse, fronte a fronte. nunha época non atopei amor por nada. porque non o tiña dentro, xa che contei. creo que non é o teu caso. creo que o que ti chamas desaproveitar é o attrezzo cotiá da maioría. xa sei, mal de moitos...
unha aperta moi forte.

pd: cando estiven en santiago con eses amigos, pensei que te levarías xenial coa miña amiga bego. cando volva, gustaríame tomar un café con ámbalas dúas. recórdasme a ela. e iso sen coñecerte :)
Unknown disse…
Graciñas, Teté. Non me entendas mal, adoro os teus aloumiños. Son como unha bisa lene e tépeda nas miñas pálpebras pechadas cando me ergo endurmiñada polas mañás.

O peor sempre resultan ser os extremos: non sentir ou sentir moito. Hai aínda outro paso intermedio, tamén dooroso, que é sentir moito e non ter cara a onde/quen/que canalizalo.

Ese é o meu punto agora mesmo.

Son unha corrente de auga que quere fluír pero non atopa cara a onde facer o camiño e seguir o seu curso.

Son unha pequena fera enxaulada.
Quen sabe que pode pasar.
Bila disse…
NON TEMOS QUE SENTIRNOS CULPADAS

http://emplastoruibila.blogspot.com/2007/06/vontade.html

vou tomar zumo de mazá todos os días! ;)