Avançar para o conteúdo principal

Onde as augas corren

 Case un ano sen escribir aquí.

Non me importa. Seguramente, tampouco a quen poida ler o que este blog recolle. Non hai nada excepcional entre as liñas nin en quen as constrúe.

Hoxe quedo so cun pensamento e é que si, que a vida era outra cousa. Que non é unha loita constante.

Custa ser capaz de entedela dese xeito cando o único que intentas é sobrevivir cada día. Pero o tempo pasa, os anos pasan e a perspectiva axúdanos a entender, a pensar de novo, a calibrar. A facer limpeza, desfacéndonos de todo o entullo, e conservar con agarimo prendas, memoria, espazos.

Case un ano. E non cambiou case nada aquí: días de sol, días de treboada. Fóra todo é confuso, gris, histérico, cru e cruel. Dunha violencia insoportable. 

Canto, cantísimo frío.




Hoxe soa.- Breather, de Tanya Tagaq

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!