Cargo nos ombreiros
o peso do mundo.
De tanto en tanto,
salmodio as perdas-
observo a dor e a ferida nos meus rasgos na codia do espello-
asumo a culpa
coa fronte baixa e batendo no peito
coa man da carraxe.
Os seres queridos que tanto me faltan
o vacío que devora
o peito, cadavre en pé aínda.
Nai e Pai - e as texturas da cor verde e do aire.
O río como unha ferida
e os días que caen en min, un tras do outro, como pedras.
Comentários