Avançar para o conteúdo principal

Estrume



Eses días nos que o monstro sae á superficie e enlixa todo arredor. 
Eses días nos que teño medo de min, do que son en realidade.
Eses días de soidade e desconsolo infinitos, como pozos de estrume. Como lumieiro e vertedoiro, como crematorio e cheminea. 
Eses días nos que a colleita se bota a perder.
Eses días nos que tomo conciencia do meu verdadeiro lugar en todo isto, e a desesperación me fende dende o peito ata a vulva, abríndome en canal, dando as miñas vísceras ás alimañas.

Eses días, non todos, como recordatorios inmisericordes de mediocridade e ruína. 

Ven salvarme de min.
Turra do meu corpo e afástame da miña escuridade.
Sáname.





Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!