Avançar para o conteúdo principal

Renunciar

Renunciar.

Á viaxe

Ó tránsito suave

Ó silencio baixo as mantas

Á bondade harmoniosa das árbores
en outono.

Renunciar a todo o que une
ó que constrúe
e atopa

E camiñar
-cadavre e pedra,
de ombreiros caídos
 coa expresión sonámbula
dos ollos de auga das vacas
arrastrando os pasos

cara a abaixo
e en ruínas.

Non hai horizonte prendendo no futuro.

Non hai finais felices que me representen
nin quérotes e
perda
nin garderías
nin roupiña de diario
nin xofre
nin cadaleitos abertos
nin doceevinte
nin perigo

Nin fracaso.
Nin o poema.

O poema tamén
se perdeu, coma mín,
hai tempo.

E só queda, ante
todo, renunciar
e
este vasto ermo xa intransitable. 

Comentários