Avançar para o conteúdo principal

Vacío..., vai embora!

Hoxe, comezo da primavera, MANIFESTO que:

*Non loitarei as batallas que non son miñas
*Non me arrepentirei das decisións tomadas
*Non abxurarei dos consellos e opinións emitidas
*Non son o can de presa de ninguén, nin o malo do filme
*Non deixarei de dicir o que penso, vexo o sinto por moi doloroso que para outros resulte
*Non quebrarei a lealdade ós meus ideais
*Non evitarei dar os cambios necesarios por moito que poidan doer, nin procrastinarei para evitar tomar decisións taxantes se os preciso para a miña estabilidade vital
*Non soñarei esperta, porque é unha perda dun tempo irremplazable na miña existencia
*Non me involucrarei máis do necesario nin menos do social e éticamente cortés, se o tema en cuestión non me importa unha merda nin me aporta nada para medrar interiormente
*Non son imprescindible nin invisible






Comentários

Jakson Renner disse…
Este comentário foi removido pelo autor.
Anónimo disse…
Si farei miñas algunhas batallas
Si me sentirei orgulloso das miñas decisións
Si renunciarei aos erros cometidos
Si son a túa presa e o malo da película
Si que calarei o que penso, intúo e sinto porque a dor gratuíta debe evitarse
Si seguirei fiel a min mesmo antes que aos meus ideais
Si eludirei aquelas cambios que causen dor infinita, e tomarei a vida con relaxo para contribuír á miña felicidade
Si soñarei esperto e durmido, porque é o meu combustible vital e o deseño básico dos meus artefactos
Si me involucrarei máis do necesario aínda que menos do que a algúns lles gustaría, porque hai temas nos que cómpre tocar os collóns para se realizar
Son imprescindible pero non podes verme

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.