Avançar para o conteúdo principal

Vai


Campo de Xirasoles (Van Gogh)


E é así que un día égueste cunha estraña sensación de vertixe e desconcerto.
Todo iso, sen unha razón certa, nada que poidas acreditar en tí para ese desvarío que te asalta, como unha coitelada á volta dunha calexa escura na vólta á casa de madrugada.

E é así que, case sen darte conta, un pensamento te afoga e comezas a entender: é unha parte do teu corazón a que falta.

E, de socate, tés a certeza de que nunca máis a recuperarás.

Descansa, amiga, compañeira.

Dende esta beira, asustados e tristes, chamamos por tí.


Hoxe sona.- Variacións Goldberg, de J. S. Bach

Comentários

FERNANDO SANCHO disse…
Moi emotivo o que escribeches.
Reflexa claramente ese sentimiento de vacío que deixa unha persoa que non está. E é no día a día cando notamos esa ausencia, esos espazos antes cheos e que agora están valeiros.
Grazas

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!