Avançar para o conteúdo principal

Astenia solidaria

Nunca pensaría que os niveis de solidariedade na sociedade actual eran tan míseros como os que, desgrazadamente, me estou atopando nestes días.

Certo é que, en momentos de recesión económica, os individuos das sociedades capitalistas e altamente consumistas vólvense agresivamente conservadores. Tamén é certo que, entre estes desnaturalizados individualistas, sobreviven aquelas e aqueles nas e nos que o xérmolo da colectividade agroma máis concienciada e comprometida que en tempos de bonanza.

As escusas para evitar o compromiso solidario son moitas e moi variadas, pero radican todas no mesmo descoñecemento do movemento cooperativo das ONGDs, e nun profundo egoísmo irracional e até de tintes racistas que rozan o fascista.

O mundo desenvolvido obvia as necesidades de quen realmente precisa dos fondos de cooperación xa non para o seu desenvolvemento senon para a propia supervivencia, pechando os ollos ante unha realidade que nos ultrapasa por demasiado pesada para a nosa acomodada vida de cidadáns de países do cono norte. Non é un cliché dicir que con unha aportación "x" de cartos ao mes se poden salvar vidas na outra punta do mundo. É unha terrible certeza que se verifica cada día.

O Estado do Benestar creou monstros.
E agora outros pagan as consecuencias.

O proceso de autoinmunización que vivimos grazas, sen dúbida, ao sensacionalismo ó que os mass-media recurren a cotío, lévanos a un estado de catatónia sensorial e racional que fai nacer e crecer a maior das desidias no groso da sociedade en tema de cooperación e acción humanitaria.
Outra das grandes culpables é, suxiro, a propia relixión, que tan boa intención levaba no seu comezo e que tantas contradiccións xera, a un tempo (só coas riquezas do papado cantos e cantos proxectos se poderían levar a bo fin...).

Sorte que a mocidade (grata sorpresa) posúe de novo esa conciencia de acción colectiva como motor de cambio. Porque, a este paso e de seguir na dirección marcada polas xeracións de máis idade, pouca esperanza podería quedarnos xa.


Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!