Avançar para o conteúdo principal

Inútil

Completamente tolleita, xa non podo camiñar máis alá de onde a miña man chega, se esterrico o brazo.

Completamente tolleita.
Intento agarrar o teu brazo, anga, arnela. Xa non podo sosterme.
Pero as puntas dos meus dedos gorentosos apenas poden imaxinarte na distancia.

Non miras atrás.
Remoio a túa figura no eido profundo do meu soño desacougado.

Nas miñas pálpebras, suor bagorenta.

Area entre os dentes.

Onde estás?

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!