Avançar para o conteúdo principal

H. Murakami


Salgueiro cego, muller durmida.

Foi como unha man turrando do meu corpo dende o profundo.

Quedei flotando na onda expansiva, sen aire, sen alento.

Mais nada que unha ollada bastou, e desarmeime como unha boneca.

Dende a distancia, a miña voz repetíase nun eco antigo, mantra, responso. 

Pero, iso si, ca man estendida, espertando da néboa, apertei a súa.

E o meu poemario, pobre e miserento, viaxará a Xapón entre a súa roupa e a súa auga de colonia na maleta.

Comentários

vintxuca disse…
É cousa lida iso que dis, unha aperta dende montañas de papeis, bolis,libros e leis.
LM disse…
pois eu nom consigo encontrar-lhe o aquel a este homem :-[
beijos
Anónimo disse…
aviso: su sistema tiene virus

http://www.avast.com/esp/download-avast-professional.html
Paz Zeltia disse…
¿admiración?