Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de março, 2009

Unha raia soa

Crín que todo florecía. Pero o frío comeuse as miñas entrañas.

H. Murakami

Salgueiro cego, muller durmida. Foi como unha man turrando do meu corpo dende o profundo. Quedei flotando na onda expansiva, sen aire, sen alento. Mais nada que unha ollada bastou, e desarmeime como unha boneca. Dende a distancia, a miña voz repetíase nun eco antigo, mantra, responso.  Pero, iso si, ca man estendida, espertando da néboa, apertei a súa. E o meu poemario, pobre e miserento, viaxará a Xapón entre a súa roupa e a súa auga de colonia na maleta.