Avançar para o conteúdo principal

Perdoen as molestias

Se só escribo de cando en cando é porque ultimamente me dedico máis a VIVIR.

Que cousas teño ás veces!

Comentários

Raposo disse…
Que sorte!!
rui disse…
muller, ás veces tamén hai que vivir algo, pero sen abusar eh.
fgul disse…
...e non deixa de ser importante, pero bótaseche en falta.
Fijaté!!

(En todo caso, cando escribes, tamén che se percibe viva eh. Que o saibas!)

Beijos
rui disse…
sós estamos pero
esquecemento do particular ciencia nosa esta
non ven a conto, pero íao relendo hoxe no tren cara a Orán e o 080903 encántame.
Anónimo disse…
Un bo xeito de exercer iso que imos chamar maneiras de vivir: Centrarse no verdaderamente importante que é vivir, deixando nun segundo plano as cuestions meramente complementarias.
paideleo disse…
Vivir é importante, máis ca un blogo.
vintxuca disse…
Boa elección...si señor!!!!

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!