Avançar para o conteúdo principal

Unha raia soa


Crín que todo florecía.

Pero o frío comeuse as miñas entrañas.

Comentários

Mararía disse…
Voltarán a nacer ca primavera!!!
A xeada tamén mata os vermes malos. Xa verás...
(A si es todo...el título del post...se las trae de mucho carallo eh!. Es que, seica, una te parece pouco?)
rui disse…
Se é boa, unha raia soa dá para unha caldeirada. Mas non vou falar do que non coñezo que na cociña o peixe lévase mal comigo. A cebola sim, faime moita compañía.
Reviens!que xa pasou o frío.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!