Avançar para o conteúdo principal

Canseira

Que naceu baixo malos agoiros, e que a lúa se virou dunha cor verde musgo terrible como a bile.

Que nunca sería feliz e que sementaría a desgraza, dixeron os máis vellos tan axiña como abriu os ollos á luz, lembráballo a súa nai mentres choraba ao trenzarlle o cabelo.

Que os deuses non ían permitir que se cumprira ningún dos seus proxectos, dos desexos pedidos axeonllada ás portas do templo, na rúa chea de cores ulindo a especias e a gasolina mal queimada, a lixo e a auga enlamugada nas fochancas.

E o día ulía a cada volta da rúa a pelo de can mollado.

Comentários

rui disse…
Non deixa de ser un rito doutra cultura que descoñecemos, non hai que lle dar demasiada importancia. Nin pretender que todos sexan como nós cremos que somos, porque poida que non sexamos perfeitos.
Un biquiño

(O teu libro é un dos fetiches que me acompaña)
Unknown disse…
Non lle dou importancia, nin sequera me plantexo xulgalo. Acéptoo como parte doutra cultura.

Pero chamoume terriblemente a atención.

Alédome de poder acompañarte.

Apertas!
Anónimo disse…
Esas "profecias nunca se cumpren" por que as desgracias non se sementan, nin existen os deuses. Non hai que ter medo o futuro entre outros motivos por que non serve de nada. O importante e vivir con paixon cada instante sen preocuparse de máis lerias.
Unha aperta

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.