Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte. É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben. Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora. E que morra o conto . Viva!
Comentários
quen tivese 26 anos!
(Joer, eu case teño os mesmos ca ti, pero do revés!! jajajaja)
"Até semellar umha árbore"
Saúdos.
Frida xa non vive comigo... (pero eu teño curiosidade...).
Grazas a todos polos azos.
a electricidade também traz luz aos recunchos escuros.
beijos
Gustoume o teu blogue.
Un saúdo!
Anda veña, come moito e pasao ben!