Avançar para o conteúdo principal

Avestruz

Metería a cabeza nun burato.

Ata esgotarse o osíxeno.

Murchar como un iris, tan delicados...

Metería a cabeza no forno se fose de gas.
Maldita electricidade.

Felices 26 a mín mesma.

Comentários

Anónimo disse…
felices!

quen tivese 26 anos!
Felices!!!
(Joer, eu case teño os mesmos ca ti, pero do revés!! jajajaja)
fgul disse…
xa che digo!! Bendita década dos 20.

"Até semellar umha árbore"

Saúdos.
Unknown disse…
E pq me le Xonás?

Frida xa non vive comigo... (pero eu teño curiosidade...).

Grazas a todos polos azos.
Anónimo disse…
A electricidade é un estorbo para as baixas paixóns, jaajajja.
rui disse…
noraboa, polos anos e polo código poético, como unha caixiña de bombóns de licor, unha delicia que saboreo e nunca se acaba. Noraboa.
LM disse…
parabéns!!!!
a electricidade também traz luz aos recunchos escuros.
beijos
Anónimo disse…
Curiosa maneira de mesturar ideas...
Gustoume o teu blogue.
Un saúdo!
Raposo disse…
E unha boa idade, aproveitaa.
querendo morrer a electricidade tamén proporciona satisfaccións.
Anda veña, come moito e pasao ben!

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!