Ás veces, penso en non volver.
En non volver a cruzar unha mirada ou un sorriso ou unha palabra contigo.
Cando chego soa á casa, ou fico na cama inmensa, aterida de frío.
Penso en que non merece a pena, polo silenzo de despois. Por todas as preguntas que me trago por orgullo, por non sufrir máis, por non pensar en pensar. Por non ver os teus ollos cando miro calada o teito do cuarto tinguido de vermello.
Pola xenreira que parte a miña columna e enche de agullas a miña médula e a miña língua.
Polo o aroma acre do abandono. Pola fenda que supura, vidro esgazado.
Pola dor e o vacío que me zugan o calor e o sangue, ferida que alimentamos co salitre dos beixos.
Ámote.
Deixarei que o meu cabelo medre e medre, hedra triste, e levareino solto só por tí.
Ata que a dor desapareza.
Ou...

Pero despois de todo iso estás tú, de novo. A túa voz, o son da túa risa, o olor do teu pelo negro entre os meus dedos, a túa boca como terciopelo morno nas miñas tetas.
Deséxote.Ámote.
Deixarei que o meu cabelo medre e medre, hedra triste, e levareino solto só por tí.
Ata que a dor desapareza.
Ou...
Comentários
Por mucho que nos lo neguemos a veces, "hoy" sólo existe con la esperanza de ver llegar un mañana...
Un saludo
Unha brincadeira para conxurar na fogueira do esquecemento á dor. Para que arda nela.
Apertas.
Noraboa tb a tí polo "Avelina".
Moitos versos máis para as dúas.
Beijos