Avançar para o conteúdo principal

Gripe

Como xa dixen noutras ocasións, "I've got FLU under my skin" :D como canta Sinatra... Vaia xogo idiota de palabras, pero é que a quentura non dá para moito máis.

Só para encher o estómago de auga e te e sopa, a bolsa do lixo de panos de papel usados, a cabeza de pensamentos delirantes, os ollos dun brillo estraño pero feliz e fermoso.

Vou agardar uns días a que este demo marche do meu corpo para saudar de novo ó Sol de outono coa ledicia sinxela das flores lilás entre as follas secas.

Abrigádevos ben!

POR CERTO!!

Xa queda menos para a PRESENTACIÓN do meu "Código Poético", querido meniño. Hoxe mesmo recibo os meus exemplares e en nada estou en Dodro dándoo a coñecer, da man garimosa de Sotelo Blanco e, espero, do seu prologuista, Rivadulla Corcón.

Mantereivos informados da data, lugar e hora do evento.

E tamén, en nadiña, terei á miña doce gata comigo na casa.

Que día tan marabilloso para ser luns.
Será porque mañá vés durmir ós meus brazos de novo.

Comentários

Unknown disse…
Obrigada polos parabens e polo consello e polos beijos.

Cóidate.
paideleo disse…
Noraboa por ese libro e a cuidarse.
Unknown disse…
Graciñas, Pedro!!

Xa está dando os últimos estertores, e sen medicación nin remedios caseiros: ás veces hai que forzar ó corpo, ás súas capacidades de defensa. Senon acomódase...

Un beixo garimoso para vós e o pequecho (que xa vai deixando de selo...).
Antón de Muros disse…
Parabéns polo libro!

Dalgún xeito un libro é como un fillo ;-)

Que mellores da gripe.

Un saúdo dende o sur.

Antón.
Unknown disse…
Que ganas teño de viaxar á Patagonia! Ademáis de a Bos Aires...

Graciñas polos parabens!
A gripe xa case está fóra de min.

Unha aperta grande, Antón!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.