Avançar para o conteúdo principal

Elisabetha

Xa está cada vez máis perto a presentación do poemario.

Falta acordar o lugar, pero a data está, en principio, pechada: o xoves da semana que vén, ás 20h. Non sei se levarme a Elisabetha comigo, sería moi cool :D

De momento, confórmome con seguir como estou, coas aulas e coa miña vida que parece que despega pouco e pouco os pés do chan, pobres ás estériles que non podían (ou non sabían) voar aínda.

Voa xoaniña, voa...

Comentários

Antón de Muros disse…
Vaia! a ledicia é contaxiosa!

Disfruta o momento :-)

Saúdos.

Antón.
Localiza, logo, ese magno evento!!!!
bicos
Unknown disse…
A ver se se me poñen dacordo os coordinadores :)

Eu vou preparando as medias e o vestido novos, e a estilográfica para asinar (pouco pero ben) :)

Beixos grandes

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!