Avançar para o conteúdo principal

Arelas

Que demo pasa?

Non vexo máis que crianzas arredor de min.
E barrigas preñadas.

E embigos.

E tenrura.

As cores do outono entran nos meus ollos e atravésanme como frechas.
E sinto de novo a frustrante espera da maternidade adiada... ata cando?

Comentários

paideleo disse…
Nunca se acerta co tempo para ter un fillo. Non te preocupes por iso.
Unknown disse…
Sei que todo tén o seu tempo, aínda que non teña unha medida precisa.

Pero sinto unha criatura berrando dentro de mín, sinto o palpuxar do seu corazón acompasado co meu, os ollos claros que ven o mundo a través das miñas meniñas...

Como obviar a chamada?
?
eu, para as chamadas a fixos, teño R, que son gratis. Non é por frivolizar, mais, coa praxe reducionista propia da deformación porfesional... tras unha avaliación pormenorizada de fortalezas e debilidades, o tempo faise e as oportunidades créanse, dentro e fóra dos cánones impostos. Todos os momentos son bos e malos, tan só cómpre seleccionar o menor dos males posibles. O caso é querer. É tan sinxelo que até os problemas da escolla do seme queda reducido a unha selección de xens, para aquel@s que non buscan, na educación da criaturas, un mal acompañante.
Unknown disse…
Eu estou a redactar unha pequena lista referida a esa escolla na educación das crianzas, como ti dis, Alberte.

Xa teño suplentes para doar seme :D Pensa se queres que te engada (é brincadeira).

Saúdos!!

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!