Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción. Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...
Comentários
Pero sinto unha criatura berrando dentro de mín, sinto o palpuxar do seu corazón acompasado co meu, os ollos claros que ven o mundo a través das miñas meniñas...
Como obviar a chamada?
eu, para as chamadas a fixos, teño R, que son gratis. Non é por frivolizar, mais, coa praxe reducionista propia da deformación porfesional... tras unha avaliación pormenorizada de fortalezas e debilidades, o tempo faise e as oportunidades créanse, dentro e fóra dos cánones impostos. Todos os momentos son bos e malos, tan só cómpre seleccionar o menor dos males posibles. O caso é querer. É tan sinxelo que até os problemas da escolla do seme queda reducido a unha selección de xens, para aquel@s que non buscan, na educación da criaturas, un mal acompañante.
Xa teño suplentes para doar seme :D Pensa se queres que te engada (é brincadeira).
Saúdos!!