Avançar para o conteúdo principal

Fonseca

Había un tempiño que non me sentaba nos caixóns de luz terrible da Xeral en Fonseca e onte (xa pasa das doce...) estiven un anaco da tarde estudando o terrible Walter Piston e o seu método de teoría da Harmonía.

Desque me licenciei hai uns anos (tres xa!!) pensei de ter perdida xa a capacidade de concentración e todas esas parvadas que serven de ferramenta ao estudante. Pero parece ser que non, que onde houbo lume sempre queda brasa e tal... E alí estiven.

Hoxe, despois de durmir e almorzar e ducharme e arrombar a casa e xantar e todos eses menesteres domésticos penso facer o mesmo: ir co meu exemplar de Piston debaixo da axila e repasar o que xa sei e, quen sabe, facer tan ben o sudoku como onte, e aprender algo novo: a estar calada un bo anaco, para gloria e regocixo do mundo.

E esquecerme de parvadas.
E madurar.

:)

Comentários

Anónimo disse…
A mim pásame igual, pero nos buses urbanos poñéndome a escribir minirelatos e a "madurar" tamén.

Beijocas
Vale, vale; paréceme moi ben que maduredes, que é o que se espera dos que ainda estades verdes. En todo caso, preparádevos para caer ó chan (de maduros) que ás veces hai quen morre no trance.

Beijos tamén
Así que madurando... hum, a ti afectouche algo a calor jajaja. Apertas
LM disse…
acho que era platom o que dizia que até os quarenta anos ninguém tava preparado para madurar e por isso propunha que os estudos universitarios comezassem a essa idade. beijos
Unknown disse…
Vexo que dades a tódolos xeitos, eh?

Non creo que por estudar, madure, ó máis que podo aspirar é a que me dea dor de cabeza.

Espero poder empezar a entender algo da miña vida antes dos 40, senon pobre mundo :)

E non creo que o sol deste verán me afectara moito...porque NON TIVEMOS VERÁN!

Beijos a todas e todos!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.