Avançar para o conteúdo principal

Cousas de entender

[A imaxe vén de aquí]


Que incertidume.
Canto máis intento entendelo, menos o entendo.

Digamos que sinto unha incertidume brutal e fonda como un pozo de barrena do que non sae ren. Só queda o furado, buraco negro que me zuga, profunda e letal NADA no medio do peito como un balazo que sangra e que intento encher da forma que sexa; e debería escoller ben o "como" , porque as "xoias en bruto" (como me dín tantas veces que son eu, malia que non creo nin unha soa palabra dese tipo...), deberiamos ter ese don natural de escoller ben, ter áxil a capacidade de discernimento, ou o da premonición aínda...

Pero mellor é que digamos que prefiro beber algo de ron cubano de sete anos vendo o que poñen na televisión recostada no sofá, e deixarme de estupideces a estas alturas do ano, agora que xa tan perto queda Novembro, bendito mes.

Que a vendima me traia bos froitos, ou alomenos que os que haxa me complazan o suficiente como para esquecer este tan confuso e estúpido Agosto, mes de malos agoiros e baixas paixóns como xa advertían os gregos, estulticia contemporánea, que os deuses nos amparen.

Noxento sexo frío.
Noxenta atración física vacía e xeada.
Noxentas apertas de aire e fume.
Noxentos versos, ódiovos.

E ó tabaco.

E á xenebra.

E tamén a tí, noxenta empatía.

Comentários

Da gusto ver que ben enfías a agulla da semántica. Incluso en prosa.
(Quen che chame diamante en bruto, dille que xa pode ir retirando o cualificativo. Diamantina!)
Unknown disse…
Grazas polo agasallo agarimoso en forma de palabras, Chousa. Hai tempo que non falamos. :)

E sigo debéndoche un poemario...
En canto á semántica, témome que me queda moito que aprender para saber enfiar ben (é unha arte difícil e de gran precisión: fáltanme experiencia e anos...).

Beijo!
Antón de Muros disse…
Mariola:

Non sempre un escolle ben, moitas veces "inventamos" á outra persoa e despois entendemos que todo foi un erro...

Ánimo.

Antón.

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!