Avançar para o conteúdo principal

Novas patrias

Sempre é gratificante viaxar e coñecer novas patrias.

Nunca deixo de sorprenderme.
Cada recuncho da voz, cada ollada...

Quédame moito camiño por recorrer e non penso parar de andar, teno por seguro.
Non agora.





Hoxe sona.- Una tarde de sol, de Manolo García


P.D.- Hoxe retomo a escrita de "Mara" , que vos vou amosando no blog EN CONSTRUCCIÓN.
En canto teña o material acomodado e suficiente, ireino poñendo á vosa disposición para que vos despachedes a gusto criticando.

Beijos a todas e todos.

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
En construcción..., e co ritmo que leva seguro que cando o acabes ya estamos todos cansos de viaxar no ave¡¡¡

É broooma¡¡¡

Que tal todo logo? Cal é esa nova patria, pois? (supoño que da sua etimoloxía machista e tal e cual, paaasas..., utilizas o concepto ó teu gusto...)

Ja¡

Non me fagas caso¡¡

Adeus¡¡
Unknown disse…
Home, Mekemeke! Como vai o verán? Actualizas pouco o blog, estás un pouco vacoriño, eh? Efectivamente paso da etimoloxía machista do termo patria, para mín tén un senso máis romántico ca outra cousa política; de feito mo paso polo canalillo, que é moi feminino, rozando case coa pornografía y el putiferio, que é o que políticamente representa actualmente a palabra "patria".

Polo demáis, creo que non é convinte desartellar as metáforas, perden o chiste.

E ademáis, son unha muller discreta.

Coidate moito! (non se che ve o pelo por Compostela...).

Vémonos nos bares.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.